NA CONSERVA DA MEMORIA

Esta ruta circular ofrece un paseo polo casco vello de Cariño. Unha vila adaptada a unha paisaxe e a unhas condicións territoriais concretas, reflexo dunha vida que sempre xirou en torno ao mar. A singularidade arquitectónica mariñeira, os miradoiros urbanos e un pequeno percorrido pola historia da industria conserveira e pesqueira son algúns dos puntos de interese deste percorrido.
- Punto de inicio e final: Casa do Concello de Cariño
- Distancia: 6,5 km
- Duración: 2 h
- Dificultade: Baixa
Audio guías
Audio 1: A pesca en Cariño
Audio 2: Singularidade arquitectónica
Audio 3: A igrexa de San Bartolomeu
Audio 4: A memoria da conserva