Miradoiro da Malveira (en Cabo Ortegal) - Mirador da Miranda ou Mirador de Vixía de Herbeira

Ruta liñal de dificultade media-alta, de 3 horas de duración (só ida) que atravesa a Serra da Capelada desde o miradoiro da Malveira (acceso a Cabo Ortegal) e finalizando ou ben no miradoiro da Vixía de Herbeira ou ben no miradoiro da Miranda. Atravesa o Monte Faroleiro (334 m.) e pasa por detrás da aldea da Vacariza. Ao final do camiño de terra hai que virar á dereita coa ría á man esquerda e pasaremos polos miradoiros do Limo (380m) e de Lodeiro (390m), con vistas cara a Ría de Cariño-Ortigueira.
A continuación atoparemos á dereita a zona da Fornela con vistas do Océno Atlántico e dos Cantís do Cadro, os máis escarpados da zona. Ao final chegaremos a un desvío para chegar ou ben á cima do Monte da Miranda (493m) con fantásticas vistas panorámicas da Ría ou ben ó miradoiro de Vixía de Herbeira (613m) con vistas da zona de cantil máis elevada.
Existe a posibilidade de continuar desde Vixía de Herbeira ata S. André de Teixido.
Entronca coa ruta 1 Cariño-Cabo Ortegal á altura do miradoiro da Malveira (acceso a Cabo Ortegal).
- Punto inicial: Miradoiro da Malveira (Cabo Ortegal), GPS 43.765214, -7.865849
- Punto final 1: Miradoiro da Miranda, GPS 43.716370, -7.894895
- Punto final 2: Miradoiro da Vixía de Herbeira, GPS 43.723597, -7.945634
- Tipo de ruta: liñal autoguiada.
- Dicultade: media-alta.
- Duración: 3h, só ida.